Quantcast
Channel: IES CHAPELA
Viewing all 680 articles
Browse latest View live

ESTATÍSTICAS 1ª AVALIACIÓN


Entroido 2016

$
0
0

O venres, 5 de febreiro, celebraremos o Entroido no instituto.
 

Actividades  da mañá [a partir do segundo recreo, de 12:30/14:10]: 

  • CONCURSO DE DISFRACES INDIVIDUAIS
  • CONCURSO DE DISFRACES EN GRUPO  
  • OBRADOIRO DE MAQUILLAXE
  • FOTOMATÓN

PARTICIPA!!!

                        

-----En Modular haberá actividades ao longo da tarde-------------

Charla Maltrato Infantil Asociación AMINO

$
0
0

O pasado Mércores 17 de Febreiro a "Asociación Abuso y Maltrato Infantil NO" (AMINO) ofereceu unha charla destinada ó alumnado do CS Educación Infantil (Modular), á que tamén asistíu, polo seu interese, o alumnado do CS Integración Social. 

Deste evento deixou constancia a propia Asociación na súa Web (preme para ver).

Na mesma se pode descargar o material que empregaron durante a charla.

Cúpulas de Leonardo

$
0
0

O Departamento de Matemáticas desenvolveu no IES de Chapela co alumnado de 1º ESO a actividade promovida por IMATXINA 2016, que consiste en construír cúpulas empregando algún dos 11 modelos ideados por Leonardo da Vinci.
O vestíbulo do centro converteuse nun obradoiro de construción durante a última semana.
Na tarde do pasado sábado 12 de marzo 11 alumnas e alumnos de 1º ESO participaron tamén na actividade de divulgación das cúpulas de Leonardo na rúa peonil do Calvario (Vigo). Fotos para descargar.

    

Entrega de premios do III Campionato de Xadrez do IES Chapela

$
0
0
1º premio: Uxío Albá Oreiro2º premio: Adrián Durán Sánchez3º premio: Samuel Sarandeses González

ESTATÍSTICAS 2ª AVALIACIÓN

IV Centenario "QVIXOTE"

$
0
0
  Actividades no IES CHAPELA:
  • Exposición de obras de Cervantes e Shakespeare: libros, cómics, películas, carteis, obxectos, modelos, mapas e rutas, fotos de lugares ... 
  • A cociña de "El Quijote"
  • As prantas no "Quijote"
  • A música da época. 
  • Exposición de debuxos, feitos polos estudantes, baseado en fragmentos de obras de Cervantes.
  • Concursos: Adiviñar a linguaxe e fragmentos ordeados

 

    

O Berete, novo número


Maratón Letras galegas 2016

$
0
0

O luns 16 de maio celebraremos  a XX edición da Maratón das Letras Galegas. A carreira sairá do IES e contará coa participación dos CEIPs de Chapela.

Haberá clase ata o 1º recreo e a  carreira dos maiores comezará ás 12.

 

 

 

XX Maratón Letras Galegas 2016

$
0
0

Xa podedes ver algunhas fotos da Maratón

 

    
     
 

 

 

 

PROBAS LIBRES. CONVOCATORIA 2016.

O IES de Chapela co pobo saharaui

$
0
0
O IES de Chapela co pobo saharaui
A comunidade educativa recadou 1236,60 € para o programa Vacacións en Paz.

Desde o pasado 9 de maio o IES de Chapela está desenvolvendo unha campaña de sensibilización sobre as condicións de vida dos refuxiados saharauis que levan desde 1975 en campamentos en territorio alxerino e o seu dereito a regresar á súa terra, ocupada polo goberno de Marrocos. 

A campaña tamén ter por obxecto recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que organiza todos os anos a Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Grazas a ese programa as nenas e nenos refuxiados entre 7 e 12 anos poden pasar dous meses do verán con familias galegas. Dese xeito evitan as altas temperaturas dos campamentos nesas datas (ata 50 ºC), acceden a revisións médicas e tratamentos (se os precisan) a través dun convenio co SERGAS e teñen contacto coa nosa cultura mentres aprenden as nosas linguas castelá e galega.       

O custo de manutención das nenas e nenos é asumido por cada familia acolledora, pero o custo da viaxe e seguro (890€ por cada nena/o) debe pagalo a Asociación grazas ás achegas dos Concellos e a campañas como a desenvolvida no IES de Chapela. 
En Chapela puxémonos como obxectivo que poida vir este verán unha nena ou un neno saharaui máis, para o que se precisarían 890€. Polo tanto acadamos con creces o obxectivo da campaña. Profesorado e alumnado voluntario do Ciclo de Integración Social percorreron as aulas de diurno e de nocturno para sensibilizar sobre esta situación.
  • Foto do alumnado de 4º ESO co reconto final de euros acadados
  • Vídeo realizado por unha alumna do Ciclo Superior de Educación Infantil que describe a historia e a situación actual do pobo saharaui

Video Ciclo Superior de Integracion Social

$
0
0

Vídeo difusión do Ciclo Superior en Integración Social realizado polo alumnado. Primeira promoción 2015-2016

Cualificacións Anatomía diurno

Cúpulas de Leonardo

$
0
0

O Departamento de Matemáticas desenvolveu no IES de Chapela co alumnado de 1º ESO a actividade promovida por IMATXINA 2016, que consiste en construír cúpulas empregando algún dos 11 modelos ideados por Leonardo da Vinci.
O vestíbulo do centro converteuse nun obradoiro de construción durante a última semana.
Na tarde do pasado sábado 12 de marzo 11 alumnas e alumnos de 1º ESO participaron tamén na actividade de divulgación das cúpulas de Leonardo na rúa peonil do Calvario (Vigo). Fotos para descargar.

    

Viaxe cultural a París 2016

O IES de Chapela co pobo saharaui

$
0
0
O IES de Chapela co pobo saharaui
A comunidade educativa recadou 1236,60 € para o programa Vacacións en Paz.

Desde o pasado 9 de maio o IES de Chapela está desenvolvendo unha campaña de sensibilización sobre as condicións de vida dos refuxiados saharauis que levan desde 1975 en campamentos en territorio alxerino e o seu dereito a regresar á súa terra, ocupada polo goberno de Marrocos. 

A campaña tamén ter por obxecto recadar fondos para o programa Vacacións en Paz, que organiza todos os anos a Asociación Galega de Amigos do Pobo Saharaui. Grazas a ese programa as nenas e nenos refuxiados entre 7 e 12 anos poden pasar dous meses do verán con familias galegas. Dese xeito evitan as altas temperaturas dos campamentos nesas datas (ata 50 ºC), acceden a revisións médicas e tratamentos (se os precisan) a través dun convenio co SERGAS e teñen contacto coa nosa cultura mentres aprenden as nosas linguas castelá e galega.       

O custo de manutención das nenas e nenos é asumido por cada familia acolledora, pero o custo da viaxe e seguro (890€ por cada nena/o) debe pagalo a Asociación grazas ás achegas dos Concellos e a campañas como a desenvolvida no IES de Chapela. 
En Chapela puxémonos como obxectivo que poida vir este verán unha nena ou un neno saharaui máis, para o que se precisarían 890€. Polo tanto acadamos con creces o obxectivo da campaña. Profesorado e alumnado voluntario do Ciclo de Integración Social percorreron as aulas de diurno e de nocturno para sensibilizar sobre esta situación.
  • Foto do alumnado de 4º ESO co reconto final de euros acadados
  • Vídeo realizado por unha alumna do Ciclo Superior de Educación Infantil que describe a historia e a situación actual do pobo saharaui

Video Ciclo Superior de Integracion Social

$
0
0

Vídeo difusión do Ciclo Superior en Integración Social realizado polo alumnado. Primeira promoción 2015-2016

Viaxe cultural a París 2016

Mural Celso Emilio

$
0
0

O luns 20 no 2º recreo da mañá (12:10h) tivo lugar o acto de inauguración do mural dedicado a Celso Emilio Ferreiro. 

Nel realizouse unha lectura colectiva do poema Deitado frente ao mar na que participou un representante de cada unha das aulas do instituto, xunto con representación do profesorado (Marga Comesaña) e persoal non docente (Moncho).

Contamos tamén coa presenza de Luís Ferreiro, fillo do autor homenaxeado e presidente da fundación Celso Emilio Ferreiro, que participou no recitado colectivo.

No acto descubriuse un mural deseñado e realizado polo alumnado de 4º ESO Carlos García, Nerea López e Paula Gil, coa colaboración de Carla Martínez e Laura Vázquez (4º ESO).

No momento de descubrir o mural tivo lugar unha actuación musical a cargo de alumnado do instituto: Xenxo Ortega (1º Bacharelato-gaita), Andrea Cabaleiro (3º ESO-tambor), Julia Rivas (3º ESO, pandeireta) e Carme Puime (3º ESO-bombo).

Xa podedes ver o vídeo do acto. Nova no Faro de Vigo

Viewing all 680 articles
Browse latest View live