Quantcast
Channel: IES CHAPELA
Viewing all 680 articles
Browse latest View live

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 15-16


DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA NOS CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

LISTADO PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO

RESULTADOS ESTATÍSTICOS 3ª AVALIACIÓN

Guía da LOMCE

Acto de despedida 2º Bacharelato. Xuño 2015

Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación

$
0
0

 O 9 de Setembro, a orientadora do IES Chapela Esther Mato, asistiu ao acto de recollida do premio en Madrid.

 
 

O premio recoñece o labor do alumnado e profesorado do IES CHAPELA de

  • 1º ESO
  • 3º e 4ª PDC
  • 2º CM APSD
  • 2º CS E.Infantil

e do IES Audiovisual de Vigo que participou no proxecto co CS de Son e Laura López como profesora

 

Novas no Faro de Vigo

Portal Web do MInisterio (AECID)

 A todas e todos, PARABÉNS pola forma de entender  a Educación para o Desenvolvemento na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Conferencia da Asociación Dereito a Morir Dignamente (DMD)

$
0
0

O xoves 15 de outubro  tivo lugar no IES Chapela unha conferencia a cargo da Asociación DMD. Acudiron os seus representantes Doctor Luis Montes (Presidente federal da Asociación) e Dona Emilia Irimia Presidenta de DMD Galiza (1ª pola esquerda nas fotografías).

Os temas tratados foron:

  • O marco xurídico do Dereito á "Boa Morte".
  • Documentación e rexistro do Testamento Vital.
  • A Asociación DMD en Galiza.

A charla estivo organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e presentada pola titora de 1º de Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Belén Nieto (1ª pola dereita na foto).

Alumnado que asistiu:

  •  Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia: 1º e 2º curso.
  • Ciclo Formativo de Grao Superior de Documentación Sanitaria.

 


Obradoiros formativos en "Doazón e Transplantes"

$
0
0
O alumnado dos Ciclos Formativos de APSD (diurno e modular), Integración Social, Dietética, Farmacia e Documentación Sanitaria están a realizar obradoiros formativos en "Doazón e Transplantes" a cargo dun profesional da Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) do SERGAS e unha persoa transplantada que conta a súa experiencia.
 
Os obradoiros tiveron lugar os días 22 e 26 de outubro e continúan o día 5 de novembro.

VI Día da Ciencia en Galego

Novidades biblioteca

Magosto 2016

$
0
0

Martes día 10 de Novembro 

Magosto  2016 no IES Chapela

Horario:  18.30 h.

Haberá ricas castañas  asadas, postres, xogos, taller de maquillaxe...

 

 

CALENDARIO DE EXAMES PARCIAIS DE MATERIAS PENDENTES ESO E BACHARELATO.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO CURSO 15-16

25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

$
0
0

Dende o Ciclo Superior de Integración Social, có motivo da celebración, o próximo 25 de Novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estanse a organizar unha serie de actividades, das que queren informar para animar a toda a comunidade a participar das mesmas.

O Luns 23 estará instalado no hall un Mural no se formula unha pregunta: Que é para ti a violencia de xénero? O propósito deste mural é invitar á reflexión, buscando a participación colectiva, escribindo cada quen no propio mural aquelas cousas que considere que son violencia contra a muller ou seu propio concepto de violencia contra a muller.

Tamén haberá algúns pequenos carteis con frases de personaxes célebres, que pretenden convidarnos pensar.

O Martes 24, colocaranse algúns carteis máis que representan unha selección de mulleres cun papel relevante para todas e todos nós, animámosvos a coñecelas.

O Mércores 25.  Farase unha concentración silenciosa diante do mural interactivo no tempo do recreo da tarde. Á súa finalización realizarase a lectura dun Manifesto.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA FACER DESTE PEQUENO ACTO ALGO SIGNIFICATIVO QUE MOSTRE A CONCIENCIACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODO O I.E.S.

O Xoves 26 Proxectarase, durante o recreo, unha presentación con vídeo e música, mostrando a perspectiva de xénero na música.

Para rematar o Venres 27, proxectarase un vídeo para fomentar a visibilidade sobre o tema da violencia contra a muller. Para rematar colgarase unha aportación no mural interactivo dunha definición oficial sobre a violencia contra a muller.

 

O alumnado do CS Integración Social confía en que vos guste esta inciativa e que vos animedes a participar.


25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Videoconferencia do VI día da ciencia en galego

Actividades do Ciclo de Educación Infantil

$
0
0

O alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil do IES Chapela colabora coa iniciativa “Quimions Coruña, o reto” promovida por Patricia Campos facendo máis de corenta fundas para cubrir a medicación dos pacientes infantís de oncoloxía para o Hospital Materno Infantil de A Coruña.

O 4 de decembro a profesora Elena Fouz fixo entrega na cidade de A Coruña das fundas realizadas polo noso alumnado.

As profesoras implicadas nesta iniciativa foron Begoña Martínez, María Avendaño, Elena Fouz, Eva Ferreira e Olga Rey.

 

Fotos    

Presentación WebDoc "Imagine Elephants" e charla-coloquio cos seus creadores.

$
0
0

O pasado 16 de Decembro tivemos o privilexio de contar coa presencia de Elena Cruces e Julián Maguna, creadores do Documental "Imagine Elephants: unha experiencia sobre o xogo e a infancia"

Disfrutamos da súa explicación acerca da orixe deste proxecto sobre o xogo libre e expontáneo, e o seuproceso de creación. Visionamos o documental (accesible vía web neste enlace) e finalmente intercambiamos unha serie de enriquecedoras reflexións sobre o papel das/os futuras/os educadoras/es infantís acerca do xogo e a infancia.

Foi, sen lugar a dúbidas, unha divertida e fantástica tarde.... de moito proveito!

Grazas pola vosa visita!

 

Imagine Elephants   Presentación  Visionado  

Presentación de O Berete

$
0
0

O venres 15 presentouse no instituto a nova revista promovida polo EDLG e polo grupo de biblioteca que rescata o nome da antiga publicación do centro: O Berete.
Na presentación participou o alumnado colaborador e animouse a toda a comunidade educativa a participar no vindeiro número.

 

Viewing all 680 articles
Browse latest View live